Degustación

Zona Degustación · Festa do Marisco

Na zona de Degustación poderás probar os produtos máis emblemáticos do Grove preparados ao momento: navallas á prancha, mexillóns ao vapor, zamburiñas, polbo á feira, berberechos ou un bo arroz de marisco. Propostas sinxelas, produto fresco e o sabor do Atlántico como protagonista.

Entre os produtos máis destacados

Navallas á prancha

Ingredientes:

• Navallas frescas

• Fío de aceite de oliva

• Sal en escamas

Preparación:

• Limpar ben as navallas con abundante auga.

• Quentar a prancha ao máximo.

• Colocar as navallas cun pouco de aceite e sal.

• Pasar un par de minutos por cada lado ata que abran.

• Servir inmediatamente.


Arroz de Marisco

Ingredientes:

• Arroz redondo

• Fumé de peixe

• Sepia en dados

• Calamar en aneis

• Berberechos

• Marisco fresco (gambas, ameixas)

Preparación:

• Preparar un bo fumé de peixe como base.

• Sofritir cebola, pemento e allo nunha pota ampla.

• Engadir a sepia e o calamar; saltear lixeiramente.

• Incorporar o arroz e nacaralo.

• Botar o fumé quente e cociñar a lume medio.

• No último tramo, engadir o marisco e os berberechos.

• Deixar repousar uns minutos antes de servir.


Mexillón ao Vapor

Ingredientes:

• Mexillóns da ría

• Follas de loureiro

Preparación:

• Colocar unhas follas de loureiro no fondo da pota.

• Engadir os mexillóns lavados.

• Poñer a pota ao lume forte.

• Cocer ata que os mexillóns se abran.

• Servir quentes no seu propio zume.


Zamburiñas á prancha

Ingredientes:

• Zamburiñas frescas

• Sal

• Aceite de oliva

Preparación:

• Quentar a prancha ao máximo.

• Colocar as zamburiñas coa cuncha cara arriba.

• Deixar medio minuto e darlles a volta.

• Botar un fío de aceite e sal.

• Retirar cando o aceite comece a ferver.

• Acompañar cun albariño frío.


Polbo á Feira

Ingredientes:

• Polbo fresco

• Patacas cocidas

• Sal groso

• Pemento doce ou picante

• Aceite de oliva virxe extra

Preparación:

• “Asustar” o polbo (meter e sacar da pota con auga fervendo 3 veces).

• Cocer ata que estea tenro.

• Cortar en rodaxas finas.

• Colocar sobre patacas cocidas.

• Aliñar con sal, pemento e aceite de oliva.

Bo proveito

A zona de Degustación é o corazón da festa: produtores, mariscadores, cociñeiros, dependentes e demais persoal traballan sen descanso para que o produto chegue perfecto á túa mesa. Goza, comparte e déixate levar polo sabor do Grove.

Información

Celebrando a tradición e a gastronomía do mar

Contacto

Policía Local: 986 733 333
Oficina de Turismo: 986 731 415
Logos